O CIS sitúa o PSOE cunha vantaxe de medio punto por riba do PP

1 minutes read

O barómetro de xuño do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) dálle ao Partido Socialista unha estimación de voto do 31,2 por cento, dous puntos máis ca en maio, seguido do Partido Popular, que sobe 3,5 puntos, co 30,7 por cento. Por detrás dos dous primeiros partidos estaría Sumar, co 14,3 por cento, e Vox, co 10,6. A pasada sondaxe do CIS, do mes de maio, xa situaba a formación de Yolanda Díaz como terceira forza. Dáballe daquela unha estimación de voto do 12,3 por cento, dous puntos menos que nesta última de xuño. No caso da ultradereita, a formación de Abascal obtén nesta enquisa os mesmos resultados que na realizada o mes pasado. Respecto ao BNG, a enquisa do CIS dálle nesta ocasión un 0,7 por cento dos votos. A valoración da enquisa queda con Yolanda Díaz, cun 4,89, seguido de Pedro Sánchez, cun 4,59, e Alberto Núñez Feijóo, cun 4,37, e Santiago Abascal, cun 3.