Cuarta tempada para o lateral esquerdo Gabriel Castiñeiras. Nos tres anos disputados en primeira nacional viviu unha gran evolución e do que nesta tempada se esperan grandes resultados. Gabriel estuda Ciencias do Deporte e da Educación Física na Universidade da Coruña e quixo un ano máis volcarse no proxecto verdinegro para tentar de afianzarse tanto en defensa coma no ataque.
12ª tempada para o gardamallas carballés Iago Gómez
Que dicir dun dos mellores porteiros de Galicia. Xogador que militou toda a súa vida deportiva no club de Carballo, agás unha tempada na categoría de Prata no Teucro co que acadou o ascenso a Asobal. Partícipe en todos os exitos do Xiria dende aquel xa lonxano ascenso a Primeira do 2008. Un referente para todos os porteiros das categorías de base.
Formará con Antonio Mato unha das duplas na portería máis salientables da categoría. Iago é Técnico en Electricidade e en Actividades de Ocio e Tempo Libre. Compaxina o deporte co seu traballo na empresa Sisganor adicada aos suministros industriais.
