‘O único que Feijóo fixo é meter a ultras nos gobernos’, di Yolanda Díaz

0 minutes read

A vicepresidenta segunda e candidata de Sumar ás eleccións xerais, Yolanda Díaz, alertou este martes dun posible Goberno de coalición entre PP e Vox, con Alberto Núñez Feijóo de presidente e Santiago Abascal de vicepresidente. “Feijóo a única achega que fixo ao noso país é meter aos ultra nos gobernos. Ultras que pisan os dereitos das mulleres, das persoas LGTBI”, apuntou. O que fai Feijóo é impropio dun demócrata”, criticou. Os “ultras”, engadiu, “son capaces de facer desaparecer o diálogo social, como en Castela e León, gobernan contra empresarios e traballadores”, concluíu Yolanda Díaz.