O implicado circulaba pola rúa do Seixo, en San Martiño de Pazó, cando sufriu o accidente. O 112 Galicia recibiu o aviso a través dun particular, ás 15:45 horas deste sábado, e solicitou de inmediato a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico e dos voluntarios de Protección Civil de Allariz. Ao mesmo tempo informouse aos Bombeiros de Xinzo de Limia, pero non foi necesaria a súa intervención. Durante a súa conversa, o alertador indicou que o ferido estaba tendido no chan, aínda que permaneceu consciente en todo momento. Pola súa banda, o persoal sanitario comunicou que, ademais dunha ambulancia, mobilizaba o helicóptero medicalizado con base en Ourense. Finalmente, o único implicado foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
18