Catro persoas resultaron feridas tras bater unha moto contra unha terraza en Vigo

0 minutes read

As dúas persoas que ían na moto máis dous peóns sufriron lesións de diversa consideración, polo que foron evacuadas en diferentes ambulancias.

Segundo os datos recollidos no 112 Galicia, o sinistro produciuse preto das sete da tarde deste luns na Rúa Gregorio Espiño, tal e como explicaron varias persoas que chamaron ao número único de atención ás emerxencias.

Para atender aos feridos, solicitouse a intervención dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que enviaron varias dotación ao punto.

Ademais, foron alertados os axentes da Policía Local que continúan cos trámites necesarios para coñecer todos os detalles deste accidente.