Un total de 30 patrullas do Exército e dous equipos de mantemento móbil súmanse aos efectivos antiincendios para reforzar a vixilancia, a disuasión e a identificación dos potenciais axentes dos lumes forestais. Así o destacou o conselleiro do Medio Rural, José González que, acompañado por Manuel Rodríguez, director xeral de Defensa do Monte, e o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, presidiu a presentación das tropas da Operación Centinela Galego, no marco dun convenio entre o Goberno galego e o Ministerio de Defensa. No eido tecnolóxico, o dispositivo conta con drons despregados polo territorio e cámaras de última xeración na rede de vixilancia fixa, provistas dunha tecnoloxía especialmente deseñada para exteriores e vixilancia forestal que é capaz mesmo de identificar matrículas de vehículos nas pistas.
20