España anunciou que suspende a cooperación para o desenvolvemento bilateral con Níxer “mentres non se restableza a orde democrática”, segundo anunciaron o Ministerio de Asuntos Exteriores e o ministro en funcións José Manuel Albares.
Nun comunicado difundido en Twitter, o Ministerio reclamou tamén a liberación do presidente Mohamed Bazoum, que foi elixido democraticamente. Tras o golpe de estado do pasado día 26 contra o presidente Mohamed Bazoum, Níxer está controlado por un xunta militar liderada polo xeneral Abdourrahmane Tiani, comandante da Garda Presidencial, que mantén retido ao mandatario na súa residencia.
Con este xesto, España únese a Francia e á Unión Europea (UE) que tamén suspendeu as axudas ao país. A UE, ademais, asegurou que non recoñecerá nunca aos golpistas de Níxer como goberno de facto do país.