Un incendio forestal obriga a desaloxar varias casas na provincia de Huelva

0 minutes read

Pasadas as tres da tarde deste domingo desatouse en Bonares, na provincia de Huelva, un incendio que preocupa.

Ten nivel un de perigosidade porque pode afectar persoas ou bens non forestais. De feito xa obrigou a desaloxar varias vivendas.

Presenta dous focos, colle unha zona cunha masa de arborado importante e o vento non llelo está poñendo fácil aos equipos de extinción.