Avanza a actualización do regulamento do rexistro de parellas de feito de Galicia

1 minutes read

A Xunta avanza no procedemento para actualizar o decreto polo que se crea e regula o rexistro de parellas de feito de Galicia coa apertura do trámite de información pública por un período de 15 días hábiles. O texto do proxecto pode consultarse no Portal de Transparencia co obxecto de que calquera persoa interesada poida formular as observacións e presentar as propostas que coide oportunas. O obxectivo das modificacións é facilitar a tramitación e adaptala tanto ás novas tecnoloxías como aos últimos cambios normativos. Apóstase así por unha maior funcionalidade e simplicidade para a cidadanía. Entre as novidades previstas está a de establecer a posibilidade de que as solicitudes nas distintas fases do procedemento se poidan presentar de xeito telemático. Ademais, a reforma permitirá darlle resposta ás principais incidencias recollidas nos rexistros e que teñen relación coa achega do certificado rexistral de fe de vida e estado, coa acreditación da veciñanza civil galega e coa falta de fixación temporal do tempo mínimo de convivencia.