España gaña o Mundial de Fútbol feminino tras vencer a Inglaterra

1 minutes read

España coróase campioa do Mundo de Fútbol feminino en Sídney, tras gañar a Inglaterra por 1-0. A madridista Olga Carmona marcou o gol da vitoria no minuto 29 da primeira parte cunha dedicatoria especial. Tras marcar levantou a súa camiseta e mostrou a mensaxe: “Merchi”  parece ser que como homenaxe ao Colexio Mercedes de Sevilla onde estudou.

Lauren Hemp podía adiantar ás Lionesses no inicio do encontro pero se topou co traveseiro. España tivo o 2-0, pero Salma atopouse tamén co poste antes do descanso e na segunda parte, Jenni desperdiciou un penalti que detivo Mary Earps. Cata Coll salvou varias ocasións de Inglaterra no tramo final.

Olga Carmona é unha xogadora singular.

Con sete anos logrou deixar o flamenco, actividade á que a apuntaban os seus pais, a natación e o tenis, onde os seus pais tamén querían que fixese carreira, e sumouse, xunto aos seus irmáns, tamén futbolistas, á canteira do Sevilla F.C. Na segunda parte, Jennifer Hermoso, fallou un penalti que dese ao equipo un respiro fronte ao acoso das ‘Lionesses’.

A Vermello xogou con Alexia Putellas, unha das súas máxima goleadoras, no banco.