- O club carballés conseguiu tres ouros nos campionatos de España e 16 nos galegos, ademais de proclamarse campión galego na liga cadete-xuvenil.
A participación de Gabriel Rodríguez Colferai no Campionato de Europa Júnior por Nacións, que se disputa ata o día 27 en Polonia, pon a guinda á excepcional temporada realizada polo Sysca, que vén de ser recoñecida polo Concello de Carballo cunha recepción oficial do alcalde, Evencio Ferrero, e o concelleiro de Deportes, Daniel Pérez. Xunto aos e ás deportistas estiveron o presidente do club, Marcos Puñal, e o director técnico deportivo, Diego López.
O club carballés conseguiu este ano tres ouros e dúas pratas nos campionatos de España e 16 ouros nos galegos, e ademais proclamouse campión galego da liga cadete-xuvenil. A todos os trofeos e medallas sumouse o carballo de Sargadelos que lles entregou o alcalde tras unha temporada excepcional.

Foto de grupo.