Rueda destacou na Illa de Tambo o valor patrimonial e natural de Galicia

0 minutes read

O titular do executivo galego valorou a importancia de que agora sexa posible visitar este espazo, que durante moitos anos permaneceu pechado ao turismo polo seu uso militar. Avanzou a dispoñibilidade da Xunta para colaborar co concello na posta en valor da illa de Tambo. Así, precisou que a Administración autonómica xa acordou colaborar na adecuación do castro, tendeu a man para catalogar os bens patrimoniais que contén a illa e tramitará con dilixencia a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local (ENIL) cando sexa presentada polo concello.