Falece unha persoa na Estrada tras un atropelo na Avenida Benito Vigo

1 minutes read

Os servizos sanitarios de urxencia valoraron a posibilidade de desprazar o helicóptero medicalizado con base en Santiago, pero descartouse esta opción ao avanzar a Policía Local o peor desenlace.

Eran case as 17:30 horas deste martes cando o 112 Galicia recibiu información dunha persoa particular sobre un atropelo na Avenida Benito Vigo, na Estrada. O alertador sinalaba que no lugar do accidente había xa un equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 para ofrecer os primeiros coidados. Mesmo valoraron a posibilidade de desprazar a aeronave medicalizada, pero anulouse ao comprobarse o falecemento da persoa.

Ademais de sanitarios e axentes da Policía Local, desde o 112 Galicia tamén se solicitou a colaboración dos membros do GES da Estrada.