Desde Moncloa consideran que a petición de amnistía é unha “posición de máximos”, tamén ven un cambio no discurso do líder catalán e cren que “o Puigdemont de hoxe non é o de hai meses”. Ademais consideran que rebaixou o ton, deixando atrás expresións como a do “estado represor e fascista”. Aseguran que “todo o que se negocie”, se o rei Felipe VI propón a Sánchez para unha posible investidura, farase en base a tres conceptos: “transparencia, democracia e coherencia”, como “con todo o feito ata o de agora”. Esto chega horas despois de que o líder de Junts puxese este martes sobre a mesa as súas condicións para iniciar un proceso de negociación, e pasan por unha lei de amnistía e o recoñecemento da “lexitimidade democrática” do independentismo. Ademais, Puigdemont dixo que non renuncia á unilateralidade e advertiu tanto a Alberto Núñez Feijóo (PP) como a Pedro Sánchez (PSOE): “Ou eleccións ou pacto connosco”, concluíu.
26