O alcalde de Vigo avoga por dar a Conxemar o espazo ‘que necesite’

1 minutes read

Abel Caballero defendeu este martes ante o presidente da Xunta e responsables de Conxemar, co gallo do inicio da XXIV edición da cita internacional do sector dos produtos do mar conxelados, a transcendencia de proporcionar á organización da feira os medios que precisen para seguir crecendo e manterse como referente mundial do sector pesqueiro. Caballero destacou o “espírito de cooperación” que se expresa en Conxemar, tanto pola participación e reunión na feira de Vigo de empresas de preto de 50 países, como polo apoio conxunto das administracións a unha iniciativa con repercusión internacional. Definiu a feira como a ONU pola súa capacidade de xerar sinerxías conxuntas. Crítico cos “ataques inxustos por razóns ideolóxicas” á actividade do mar, Caballero expresou o seu defensa á actividade extractiva do mar “que se fai coas boas formas, coa capacidade de obedecer á ciencia e sabendo que ao final está paliar a fame e dar boa alimentación”, concluíu.