O Calvo Xiria ten unha cita cun club histórico da categoría, o Bueu Atlético Balonmán

1 minutes read

Dende o ano 2001 o Bueu sempre estivo en primeira nacional xunto co Xiria, salvo nas temporadas 2010/11 e 2011/12, e leva 12 anos ininterrompidos na categoría, algo moi meritorio para un club que se localiza a metade de camiño xeográficamente entre os dous grandes co balonmán galego, o Cangas e o Cisne de Pontevedra. Na temporada 2004/05 o Bueu Atlético Balonmán foi campión do grupo galego.

O plantel do Bueu Atlético está composto por 24 xogadores, dos que 8 son invitados (5 do filial e 3 do xuvenil), dos que 9 son maiores de 23 anos cunha media de idade 23 anos. Mantén o bloque que o ano pasado, coa incorporación do primeira liña Diego Lluque e dos porteiros Edu Alonso e Julio José Ferreiro Rama, criado na canteira do Xiria, o que supón unha renovación total da portería. Xunto coas incorporacións compre sinalar a capacidade goleadora dos seus centrais Roque Arias e Brais López.

A tempada pasada visitou Carballo o Bueu na festa do último partido da liga, e remataron empatados a 30 goles, pero as últimas visitas sempre foron vitorias para os de Carballo. A traxectoria de ambos equipos presenta un encontro igualado, ambos equipos chegan con 2 vitorias e 1 derrota igualados na táboa de clasificación, Xiria ten unha media de 32 goles por partido e Bueu 26, as mesmas cifras amosan nos goles en contra, polo que un marcador baixo a priori favorece aos visitantes, e se o que hai en un partido rápido e con goles os locais deberían ter vantaxe.