23
O Calvo Xiria empatou, por segunda xornada consecutiva, o partido de Primeira Nacional que disputou este sábado en Vigo fronte ao Granitos Ibéricos Carballal. Os de Adrián Dubra non entraron moi ben no partido e tocoulles remar contra marea para darlle a volta a un resultado adverso que ao descanso era de 16-14. Tras a continuación o conxunto local seguía apertando, pero o Calvo Xiria non tiraría a toalla en ningún momento, como afai facer, Mario Cancela tirou do equipo e nos últimos segundos Aarón e Gabriel lograron establecer as táboas no marcador, 28-28, un empate con sabor a vitoria.