20
O Defensor do Pobo, Angel Gabilondo, entregará o vindeiro venres ao Congreso dos Deputados o seu informe sobre as denuncias por abusos sexuais a menores no ámbito a Igrexa.
A presentación do texto levarase a cabo ante o pleno da Cámara Baixa cando así o determine a Mesa. A conclusión deste traballo chega un ano e medio despois do encargo da maioría do Congreso, o 10 de marzo de 2022, que contou co apoio de todos os grupos parlamentarios menos Vox.
Entón, Gabilondo creou unha comisión asesora de expertos, unha unidade dedicada á atención ás vítimas e de apoio á investigación e un foro de diálogo coas asociacións de vítimas.