A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, foi proclamada candidata á Presidencia nun acto multitudinario na capital do País, cargado de emoción e de entusiasmo, no que a líder nacionalista convocou á cidadanía a facer historia para ter unha presidenta coas mans libres: “A min ninguén desde Madrid me vai poñer límites á hora de defender Galiza”. Ante unha audiencia entregada, Pontón subliñou que esta non será unha campaña máis porque estamos ante as eleccións máis importantes das últimas décadas cun BNG convertido na alternativa real ao PP, preparado para gobernar en galego: “É agora”, sintetizou, dirixíndose a todas as persoas que queren cambio. Neste sentido, Pontón convidou a botar a vista atrás, ós corenta anos de democracia con seis presidentes, todos homes e todos de forzas estatais. “Pensades que nos foi ben, que colocaron a Galiza no lugar que lle corresponde?”, interpelou, para concluír que urxe abrir un tempo novo.
24