O Sergas crea unha sección de igualdade no seu departamento de Recursos Humanos

1 minutes read

Diario Oficial de Galicia (DOG), vén de publicar, a modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Servizo Galego de Saúde, en virtude da que se crea un novo posto de traballo, para a Sección de Igualdade na Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde.

A creación deste posto xustifícase na aprobación do I Plan de Igualdade entre Mulleres e Homes no Servizo Galego de Saúde período 2021-2024 (DOG num. 202, de 20 de outubro) cuxa execución e seguimento, así como dos futuros que se aproben, require da dotación dun posto estrutural na RPT desta Dirección Xeral.

Coa creación deste posto a Consellería de Sanidade reafírmase no seu compromiso cos valores e principios da igualdade de xénero, e coa necesidade de asignar todos os recursos necesarios para a definición, implantación e seguimento do Plan, coa finalidade última de integrar o principio de igualdade na cultura da organización sanitaria.

Entre conxunto de medidas que incorpora o Plan, destacan ás vencelladas coa maternidade e, en especial, aquelas que teñen como obxectivo evitar posibles prexuízos nas condicións salariais das mulleres embarazadas. Así, lembrou que en Galicia, xa desde o ano 2022, as profesionais do Sergas que estean de baixa por maternidade reciben a media das súas retribucións variables (gardas, noites e festivos).