Un morto e un ferido grave ao saírse da vía un coche en Cortegada

1 minutes read
  • Segundo as primeiras informacións, nin o condutor falecido nin o seu acompañante levaban posto o cinto de seguridade.

O accidente en que faleceu o condutor dun turismo e sufriu feridas graves o seu acompañante ocorreu contra as cinco da tarde deste venres na estrada que une Ribadavia con Cortegada e a fronteira portuguesa.  Foi unha saída de vía moi aparatosa. Na investigación das causas do sinistro descartan que tivese que ver co estado da vía ou as condicións meteorolóxicas. O que non era bo era estado das rodas do vehículo e hai indicios de que o coche ía demasiado rápido. O condutor falecido saíu despedido do vehículo. Tiña 35 anos, era natural de Cortegada, pero veciño do barrio ourensán da Valenzá. Ata o lugar dos feitos desprazouse un equipo médico a bordo do helicóptero con base en Ourense, ademais dos membros do GES de Ribadavia e os voluntarios de Protección Civil. Ningún dos implicados no accidente estaba atrapado, polo que descartouse a intervención dos Bombeiros do Carballiño.