O presidente da Comisión de Transportes e candidato á Presidencia da Xunta de Galicia polo PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou que o vindeiro 30 de decembro se reabre ao tráfico a autovía A-6 en dirección Madrid, tras finalizar a reconstrución dos dous viadutos do Castro entre Pedrafita do Cebreiro e Vega de Valcarce (León). A circulación recuperará así a normalidade neste tramo despois de intensificarse os traballos para restablecer a conexión de Galicia coa meseta.
Besteiro destacou “o estrito cumprimento dos prazos, que evidencia o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Galicia”, asegurando que “cumprimos o dito”. “Dunha forma rapidísima e con moitísima contundencia investíronse por parte do Estado 70 millóns de euros para recuperar de xeito urxente, rapidamente, o viaduto que colpasara hai aproximadamente pouco máis dun ano. Nun tempo récord recuperouse a conexión coa meseta e con Madrid”, dixo.