Carla Túñez Andrade conseguiu gañar o Concurso Infantil de Postais de Nadal de Vimianzo coa súa postal de Nadal na que representa o municipio vimiancés e os elementos características da iluminación deste ano, como a gran árbore da Praza do Concello xunto coas dúas pequenas de luces de cores ou o Recuncho Gastronómico.
O fallo do certame, no que participaron alumnos e alumnas dos centros educativos deuse a coñecer cando tamén se fixo entrega dos premios.
Desde o goberno local quixeron mostrar o seu agradecemento a todos e todas as participantes, que foron quen de mostrar o seu talento e habilidades artísticas nun certame que é o berce de auténticas obras de arte que poderán verse na Sala de Exposicións Antón Mouzo da Casa da Cultura.