Besteiro acusa a Rueda de poñer en perigo Alcoa ‘por unha mala xestión’

1 minutes read

José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG-PSOE á Presidencia da Xunta, puxo en valor este mércores o acordo ao que chegou coa vicepresidenta do Goberno de España e ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, para desbloquear a instalación de parques eólicos necesarios para o subministro enerxético de Alcoa. Un acordo que supón o mantemento de máis de 1.000 empregos directos da factoría da Mariña.

O tamén deputado lucense mantivo un encontro con representantes dos traballadores da planta de Alcoa-San Cibrao, así como con varios alcaldes e alcaldesas da comarca, para trasladarlles persoalmente as novas con respecto ao acordo que pechou en Madrid co Goberno de España para garantir a creación e conexión dos novos parques eólicos necesarios para o subministro eléctrico da fábrica a través de Real Decreto.

Besteiro lamentou que se chegara a esta situación por culpa da “mala xestión da Xunta de Galicia”, que entregou ao límite e fóra de prazo a documentación precisa para a creación deses parques no 2024, deixando no aire o funcionamento de Alcoa e poñendo en perigo máis dun milleiro de postos de traballo directos.