O Concello de Malpica dá un paso firme para mellorar a atención sanitaria dos seus veciños, adquiriu a parcela que se destinará á construción dun novo centro de saúde. O alcalde, Eduardo Parga, asinou ante notario a compra desta parcela, que ten unha superficie de 4.245 metros cadrados e un custo de 165.300 euros sen IVE, dos cales 1.800 metros cadrados se cederán ao Sergas. O novo centro terá unha superficie duns 1.000 metros cadrados o que duplicará ao actual.
Eduardo Parga destacou que a súa construción é unha “prioridade para o Concello”. “Estamos moi satisfeitos de poder adquirir a parcela e de poder dar este paso tan importante para mellorar a atención sanitaria dos nosos veciños e veciñas”, sinalou.
A infraestrutura contará coas seguintes características:
•Catro consultas de medicina xeral, tres de enfermería para adultos, unha consulta de pediatría e unha de enfermería pediátrica. Isto supón un aumento de tres consultas de adultos e unha consulta de enfermería pediátrica.
•O novo centro terá espazos propios para a sala de toma de mostras e á sala de urxencias que agora sitúanse en espazos compartidos.