Espazo Común Galeguista anuncia a súa participación nas vindeiras eleccións

1 minutes read

Espazo Común xunto con Unidade Local danlle pulo a creación de Espazo Común Galeguista, e anuncian oficialmente a súa participación nas vindeiras eleccións autonómicas do 18 de febreiro.

Espazo Común Galegista, nace como plataforma de acción política cidadá comprometida co galeguismo, esforzándose por representar e defender as necesidades e aspiracións da comunidade.
Cunha visión clara e principios arraigados no compromiso con Galicia. Espazo Común Galeguista busca construír un futuro sostible e de prosperidade para todos os galegos e galegas.
Durante esta campaña electoral centraranse nos temas cruciais que afectan á comunidade promovendo o diálogo e a colaboración para alcanzar solucións efectivas. Dende a formación informan que a equipa está composta por “homes e mulleres traballadoras, apaixoadas, con vocación de servizo público e sobre todo comprometidas ca mellora continua da nosa terra”.
Dende Espazo Común Galeguista buscan ilusionar novamente as galegas e galegos para acadar unha maior participación neste proceso democrático contribuíndo coas súas ideas a fortalecer o tecido social e económico, defendendo os intereses de Galicia.
“Estamos ansiosas por traballar xuntas na construcción dun futuro vibrante e prometedor para Galicia”, conclúen.