A proba ‘3 H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT volve a estar incluída no circuíto galego

1 minutes read

A ‘3H Resistencia Concello de Camariñas’ de BTT, organizada pola Peña Ciclista Baikers do Vilán en colaboración co Concello de Camariñas, volverá a formar parte da Copa Galicia de Resistencia, coordinada pola Federación de Ciclismo Galego (FCG).

A cita, prevista para o domingo 4 de febreiro e que terá saída  na praia do Ariño desde as 10 horas, é unha das seis probas das que constará o campionato galego ao longo de 2024:

  1.  Lousame, 14 de xaneiro.
  2. Noia, 21 de xaneiro.
  3. Muros, 28 de xaneiro.
  4. Camariñas, 4 de febreiro.
  5. Vilagarcía, 11 de febreiro.
  6. Narón (Campionato Galego).

As inscricións poderán formalizarse no seu momento na páxina web da Federación Galega de Ciclismo (https://fgalegaciclismo.es/index.php/es/smartweb/seccion/seccion/galicia/Inicio) e as categorías son: desde cadete ata Máster 60 e parellas femininas, masculinas e mixtas.