Tras anunciar o pasado xoves que Espazo Común en coalicion con Unidade Local se presentaría aos comicios autonómicos do 18 de febreiro, o chamamento do seu fundador, Pachi Vázquez, xa deu os seus primeiros froitos coa incorporación destos dous grupos, que segundo afirmaron, ven en Espazo Común outro xeito de facer política.
A importancia da presencia de Galicia Sempre dalle un novo pulo a esta coalición xa que estamos a falar dunha formación histórica e con moita presenza na provincia de Lugo.
En palabras de Vázquez, en Galicia hai mais de 400 concelleiros e concelleiras que representan a candidaturas independentes pequenas, que non se sinten representados pola actual esquerda, descreídos e decepcionados dos grandes partidos, que pasaron de ser partidos de base, a convertirse en formacións de cargos.
Con estas dúas incorporacións, Galicia Sempre e Coalición Galega ponse de manifesto “a necesidade de habilitar un espacio na centralidade política do noso pais, orfo nestes intres”.
O lema desta campaña, “sementando” , define moi ben o contido de Espazo Común Galeguista, que non é outro que unir forzas para que Galicia sexa o primeiro e ocupe o lugar que lle corresponde.
44