Estará integrado por expertos e catedráticos das tres universidades galegas, investigadores vencellados a organismos de referencia a nivel nacional como o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro de Estudos de Portos e Costas (CEDEX) e o CSIC, membros de organismos autonómicos como Cetmar e Intecmar e da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cemma) e, finalmente, representantes de entidades ambientais e ecoloxistas. O novo órgano de asesoramento específico en materia de plásticos estará integrado, inicialmente, por uns 15 expertos de diferentes eidos e vencellados a entidades públicas e privadas de prestixio tanto a nivel galego como estatal. En todo caso, a súa composición será susceptible de sufrir cambios e sumar novas incorporacións para adaptalo ás necesidades e perfís que se vaian requirindo. Deberá proporcionar directrices en tres eidos: elaboración dun programa a curto, medio e longo prazo dos efectos dos plásticos; análise da ecotoxicidade deste material nos ecosistemas mariños, con especial atención á fauna mariña e da avifauna costeira; e valoración das boas prácticas e das regulamentacións necesarias para prever posibles verteduras plásticas.
19