O candidato socialista á Presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que “cando sexa presidente do Goberno galego, non permitirei esta falla de respecto aos nosos maiores, que merecen dignidade e os coidados que precisen”, a diferencia do que está a facer Rueda. Besteiro garantiu que “haberá residencias públicas para as nosas persoas maiores porque representamos un modelo diferente do Partido Popular. Un modelo onde a xente permanece no seu concello, onde as residencias son verdadeiras residencias, con calidade e, sobre todo, públicas e a un prezo que todo o mundo poida pagar”.
Besteiro criticou “o negocio que si están a facer as residencias privadas ante a incapacidade do Goberno de Rueda, cuns prezos inaccesibles para a meirande parte da cidadanía galega. Isto, engadiu, supón que sexa a propia familia a que os atenda, “un traballo que, case sempre, corre a cago das mulleres que en moitas ocasións teñen ata que renunciar á súa profesión”.