A Xunta afirma que xa retirou das praias galegas 2.800 quilos de pellets

1 minutes read

A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, fixo balance dos resultados obtidos ata o de agora e salientou que desde o 10 de xaneiro tamén se retiraron dos areais preto de 2.800 quilos de pellets, o equivalente 111 sacos, máis de 6.000 quilos doutros plásticos asimilables a residuos urbanos. En canto á creación do comité científico, salientou que xa está conformado e que o próximo venres se celebrará o acto de constitución na sede do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar). “Neste organismo, aberto a novas incorporacións, están 17 expertos de 11 entidades entre as que se inclúen as tres universidades galegas, centros relacionados coa investigación do medio mariño, organizacións ambientais e outras administracións a través de organismos dependentes do Goberno central”, detallou a representante do Executivo galego.