O piloto carballés de motos, Fran Gómez Pallas, estaba a participar a moi bo nivel no rali Dakar de Arabia Saudita, pero a cousa torceuse este xoves tras sufrir unha dura caída ao rompérselle a moto pola metade cando tan só lle faltaban doce quilómetros para concluír a undécima e penúltima etapa. Tras o accidente, moi aparatoso, Fran quedou tendido no abrupto terreo do trazado e tivo que ser auxiliado polos propios pilotos compañeiros da proba. Xa non podería continuar e tras unha revisión médica determinóuselle unha fisura nunha costela, algo que xa lle impedirá terminar a competición, pero unha sorte poder contalo dada a espectacularidade do sinistro. Fran agradecía o apoio de todo o seu equipo e manifestaba que “a dor mais grande é non poder facer eses últimos 45 quilómetros» que lle faltaban para culminar o proxecto.
Vídeo da caída: