14
O alcalde, Abel Caballero, anunciou que a Xerencia de Urbanismo aprobará este martes 23 de xaneiro o convenio para construír o Instituto de Navia. Lembrou que o goberno municipal reclama desde 2020 á Xunta a construción dun centro que evitará aos escolares da zona realizar percorridos diarios de ata 8 quilómetros para asistir a clases noutros institutos.
O alcalde afirmou que a administración galega acepta “agora” a demanda que fai tres anos “nos dicían que era inasumible”.
“Aprobaremos en Xunta de Goberno o convenio, enviarémolo, asinarémolo”, afirmou o rexedor ao recalcar que o goberno municipal procederá á firma esta semana e que “á Xunta non lle quedará máis remedio que construír o instituto de Navia”.