O goberno de Vigo aproba 12 proxectos para ampliar a rede de abastecemento de auga

1 minutes read

A Xunta de Goberno aprobou este venres 12 proxectos cos que se amplía a rede en malla do servizo de abastecemento da auga. “Seguimos ampliando o mallado da rede”, afirmou Abel Caballero ao explicar que o investimento nas novas obras ascende a 900.000 euros. O alcalde avanzou que a listaxe de rúas onde se procederá á instalación da nova rede a partir do próximo mes de febreiro está integrado polas rúas San Correa, en Beade; Baixada a San Roque; Ramón Nieto; Isidoro Romero Caballero; Breadouro–Combro, en Coruxo; Doutor Corbal 69-67; Carrasqueira interiores, en Coruxo; ademais de nos camiños Eidos e Outeiro, en Sárdoma, Saíñas, en Samil, e Chumba, en Teis. A estes súmanse os dos CEIPS Santa Tegra e Paraixal. Caballero afirmou que as obras significan unha gran mellora no abastecemento, xa que no caso dunha avaría a auga chegará ás vivendas a través do mallado ampliado.