O conxunto carballés asaltaba este sábado en Vigo o feudo do Rápido de Bouzas, impoñéndose pola mínimo (0-1) nun partido onde o gol de Remeseiro foi o factor decisivo que desequilibrou a balanza. Un gol decisivo que chegaba ao fío do descanso, nun encontro que puxo a proba a resistencia e a concentración de ambos os conxuntos. Con este triunfo, o Bergantiños dá un paso importante na súa aspiración por manterse nos postos de privilexio da Terceira RFEF, con 42 puntos e seguido da Gran Peña con 40.
Paiosaco – Estradense
Choque de trens na Porta Santa entre dous rivais directos por salvar a categoría. Ambos sumaban catro vitorias ao comezo do partido. O Estradense recoñecía na previa a dificultade do campo do Paiosaco e acertou. Un gol temperán, no minuto 5, de Fernández, adiantaba ao Estradense no marcador e complicaba algo as cousas ao Paiosaco que reaccionaría ben e por medio de Belkalcha igualaba a contenda no minuto 55. Cando xa todo apuntaba a táboas, no minuto 90 Javicho anotaba o definitivo 2-1. Con este resultado o Paiosaco sitúase no posto 12 da xeneral con 23 puntos e o Estradense no 14 con 21.