Abanca obtivo un beneficio de 711,3 millóns de euros en 2023, o triplo dos 217 millóns de 2022 e cifra récord do banco. A entidade destaca que o exercicio estivo marcado polo dinamismo do negocio ‘retail’ e polo “sólido” perfil financeiro.
En rolda de prensa, o presidente de Abanca, Juan Carlos Escotet, sinalou que, máis aló da “indiscutíbel boa xestión”, estas cifras se explican pola “resiliencia” da economía e a “fortaleza” do emprego co que se incrementa a rendibilidade, unido a unha “contención” da inflación e un avance do Produto Interior Bruto (PIB) “por encima do esperado”. Abanca apunta que está situada entre as primeiras do sector bancario español por calidade de activos, cunha ratio Texas do 27,5%, unha taxa de morosidade do 2,4% e unha cobertura de activos dubidosos do 73,9%.