Baixo o nome de “Vigo. Millóns de visitantes, millóns de embaixadores”, durante 4.39 minutos faise un repaso de todos os eventos importantes do ano en Vigo. Unha voz en off feminina e outra masculina “discuten” sobre os motivos polos que teñen que volver, supostamente despois de pasar uns días na cidade o pasado Nadal. Así, argumentan ao comezo do vídeo que deberían deixar a árbore de Nadal un pouco máis de tempo, pois así parecen que seguen aquí, “onde reside o Nadal”. Mentres se suceden unha tras outra imaxes das luces deste pasado Nadal, os protagonistas van nomeando elementos que “lembran” dos seus días na cidade. “A nora, o mercado, a pista de xeo, a luz, a cor…. Merece a pena velo.