A ministra de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, Elma Saiz, reuniuse cos representantes da organización Conpymes para avanzar conxuntamente nas prioridades dos intereses dos autónomos e as pequenas e medianas empresas, que supoñen o 99% do tecido empresarial de España.
Na reunión, ambas as partes coincidiron en desenvolver o acordo interministerial, subscribido a finais de 2023, para facilitar a contratación de traballadores estranxeiros.
José María Torres, presidente de Conpymes; José Manuel de Pablos, director da asociación; e Juan José Gil, secretario Xeral trasladaron á ministra as súas principais propostas para favorecer un mercado laboral dinámico.
A ministra, pola súa banda, destacou as últimas medidas impulsadas polo Ministerio para este colectivo, como o novo sistema de cotización de traballadores autónomos, en función dos seus rendementos netos, o que supuxo unha gran reforma estrutural pactada coas asociacións de autónomos e os interlocutores sociais.
Ademais, Elma Saiz informoulles da posta en marcha do Observatorio do seguimento do cesamento de actividade de autónomos, previsto para finais de mes. En 2023, a prestación por cesamento de actividade chegou a 10.000 autónomos.