28
O cadáver dunha muller que levaba meses no interior dunha maleta nun escampado de Vigo presenta unha puñalada mortal. O corpo da muller estaba medio espido, cunha peza téxtil na cabeza, tal e como sinalou este venres o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada. O cadáver estaba enteiro, dentro dunha maleta embalada con plástico como o que se utiliza nos aeroportos. Aínda non puido ser identificada debido ao estado de descomposición que presenta o cadáver, o que non permitiu recuperar as pegadas. Un laboratorio de Madrid tentará obtelas coa aplicación da última tecnoloxía. Unha veciña indicou que a maleta levaba meses no lugar no que apareceu, probablemente, segundo ela, desde agosto.