Tan só 3 días despois de que se cortase ó tráfico de forma total tras detectarse danos nun dos seus estribos, parte da ponte colapsou. Está situada no punto quilómetro 22,200 na estrada OU-536 ao seu paso polo municipio de Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda) e derrubouse na mañá deste luns. Segundo informou a Garda Civil de Ourense, o incidente produciuse ao fío das 9 horas, ao colapsar parte da sillería do muro dereito da ponte, da que é titular a Xunta da Galiciaa e que estaba a ser sometida a obras de reparación. A circulación estaba cortada ao tráfico e establecéronse desvíos polas estradas OU-0106 e OU-0153 no punto quilómetro 22,200. A estrada é moi empregada polos que se dirixen a Manzaneda. Xa colapsara unha parte da ponte de noite, e pola mañá agravouse a situación. O firme fundirase fai meses, aínda que a orde de pechar o tráfico comunicouse fai 3 días. Acusan do derrube ás intensas choivas e o peso da maquinaria que xa se atopara facendo obras nun carril, empeorando xa o mal estado da ponte e da vía.
24