O Bergantiños non pasou do empate en Lugo contra o Polvorín (0-0) | Paiosaco 3-1 Betanzos

1 minutes read

O Bergantiños tivo sorte, o Polvorín foi mellor sobre o campo durante o tramo inaugural do encontro, ata que no minuto 20 o conxunto local quedou con dez xogadores sobre o campo pola expulsión de Noya, tras ser expulsado con vermella directa por cortar unha carreira de Musy, que se plantaría só ante o meta local Fer Embadie. O Polvorín a partir de aí plantoulle cara en todo momento ao líder da categoría e mesmo tivo algunhas ocasións claras no segundo tempo cun home menos. Ao final, repartición de puntos sen goles, o Bergantiños segue comandando a clasificación (50 puntos) favorecido pola derrota na casa do Gran Peña (47 puntos) ao que o Alondras endosoulle un contundente e doloroso 1-5. O conxunto carballés terá a súa seguinte parada na casa o vindeiro domingo contra o CD Estradense, décimo na táboa con 29 puntos

O conxunto larachés reencóntrase coa necesaria vitoria

O Paiosaco volveu en si logo de dúas derrotas consecutivas. Este domingo recibía a visita do Betanzos na Porta Santa. Os brigantinos comezaban máis metidos no encontro que os laracheses e coa fortuna para meta cun golazo de Adrián Casariego no minuto 5. O Paiosaco non se veu abaixo e taponaba ben as chegadas do Betanzos, e no minuto 17 tras un córner lanzado por Josiño, Bili superaba á defensa visitante rematando a gol (1-1). A remontada chegaría no minuto 33 tras unha longa carreira con crebo e vaselina por parte de Fer, (2-1). O definitivo 3-1 asinábao de novo Fer Gordo no minuto 53 cun disparo axustado ao pau, (3-1). Con este resultado o Paiosaco “respira” no posto número 12 da táboa con 27 puntos.