O PSOE, Junts e ERC chegaron este mércores a un acordo sobre a lei de amnistía. Segundo indican os partidos nun comunicado, pecharon o pacto “mediante unha transacción única a partir das diferentes emendas que se mantiñan vivas” co obxectivo de “reforzar a lei” e aseguran que cobre a “todas as persoas vinculadas ao proceso independentista”.
“É plenamente conforme coa Constitución, o dereito e a xurisprudencia europea e os mellores estándares internacionais”, apuntaban.
Fontes de Junts indicaron que o texto incluirá os delitos de terrorismo e de alta traizón “adaptados a os estándares europeos e non ao código penal español”. Igualmente, sinalaron que quedarían incluídos todos os acusados polo Tribunal de Contas polo presunto desvío de fondos públicos para a promoción exterior do referendo do 1-O.