Stellantis parará toda a súa produción durante tres días por problemas loxísticos

0 minutes read

A dirección da fábrica viguesa de Stellantis informou aos sindicatos de novas paradas na produción da planta, que permanecerá sen actividade durante tres días por problemas loxísticos. En concreto, a factoría olívica deterá os seus dous sistemas de ensamblaxe o vindeiro venres, día 8 de marzo, así como o luns e martes da semana que vén, días 11 e 12. A principios de febreiro, a compañía tamén detivo parte da súa produción por falta de pezas, do mesmo xeito que ocorreu en reiteradas ocasións durante os últimos anos, cando se viu afectada pola crise dos microchips.