31
O Calvo Basket Xiria xogou o partido desta xornada na casa, o Vila de Noia recibía ás cinco da tarde a visita dun rival directo do seu grupo de Liga EBA, o Obradoiro Ames. O equipo carballés foi superior ao seu rival en case todas as fases do partido, do que se levou unha vitoria contundente por un resultado final de 80-57, e co que afianza un pouco máis o obxectivo da permanencia na categoría. Os parciais foron os seguintes: 18-12, 14-19, 20-16 e 28-10. Tras este novo partido os de Héctor Méndez suman doce vitorias e once derrotas. O partido tivo a súa parte solidaria a favor da saúde renal cunha caseta informativa da Federación Alcer Galicia.