O dumbriés Víctor Senra sumou a súa quinta vitoria no Rallye da Coruña

0 minutes read

O piloto de Dumbría, Víctor Senra, foi o máis rápido seguido de Iago Caamaño e de Alberto Meira. Con Víctor Murado como copiloto, proclamouse co seu Citroën C3 WRC vencedor do Rally da Coruña, o seu segundo triunfo seguido, o quinto en total. Impúxose a Iván Ares e Borja Rozada e á parella formada por Alberto Meira e Avelino Martínez, que lle escoltaron no podio. A proba, que abriu o Campionato Galego, celebrou a súa saída e meta na Praza de María Pita. Víctor Senra demostrou que o seu dominio segue sendo abafador no certame autonómico.