A convocatoria xeral de becas e axudas ao estudo para o curso 2024-2025 abrirase o martes, 19 de marzo. As axudas para estudos postobrigatorios poderanse solicitar ata o 10 de maio a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.
Os alumnos e alumnas que vaian cursar bacharelato, Formación Profesional, ensinos artísticos, deportivas, de idiomas ou estudos universitarios, entre outros, poden pedir xa a súa bolsa para o curso que vén. Como na convocatoria anterior, deberán cumprimentar unha serie de datos provisionais, que poderán modificar máis adiante, e deberán facelo aínda que non saiban aínda as notas que obterán este curso, que van estudar no que vén ou se van continuar ou non coa súa formación.
A principal novidade desta convocatoria é a subida do 5% nos limiares de renda, que permitirá que máis estudantes accedan a unha bolsa. Esto súmase ás melloras incorporadas en cursos anteriores como o incremento de 1.600 a 2.500 euros nas bolsas de residencia.
Nas próximas semanas anunciaranse tamén as datas da convocatoria de axudas para estudantes con necesidade específica de apoio educativo. A principal novidade, neste caso, é a redución da porcentaxe de discapacidade que é necesario acreditar para solicitar estas axudas, que pasa do 33% ao 25%.
Grazas a un orzamento récord de 2.535 millóns de euros, preto de un millón de alumnos e alumnas poderán obter unha beca que lles permita continuar cos seus estudos.