A veciñanza de Palas rexeita a celulosa no seu concello ante os técnicos de Altri

1 minutes read

A empresa portuguesa Altri proxectou unha macrocelulosa en Palas de Rei (A Ulloa) con dudosos beneficios para a provincia de Lugo e Galicia e moitas incógnitas. Ante a resposta social de rechazo, Altri decidíu enviar uns técnicos que levasen a cabo diferentes reunións ca veciñanza para frear a negativa social crecente arredor do seu proxecto. Pero lonxe de apaciguar as augas, os veciños, veciñas e afectados reafirmáronse máis nos múltiples aspectos negativos que este proxecto atraería para a zona.

Atoparonse este mércores en Palas de Reis ca oposición de veciños e veciñas da zona, que escoitaron os detalles do que Altri quere facer no seu concello. Malia as preguntas da veciñanza, os técnicos non deron explicacións dos datos que figuran no Diario Oficial da Galiza (DOG) sobre a produción de 400.000 toneladas de celulosa nun ano e insistiron en que a auga que pretenden verter ao río Ulla (30 millóns de litros ao día a 2 km do encoro de Portodemouros) “serán depurados completamente e devoltos ao río en mellores condicións”. Mesmo aseguraron que Altri “é pioneira nestes procesos en Portugal”, aínda que non puideron responder ás preguntas arredor dos problemas que a empresa ten no país veciño pola contaminación no río Tejo por parte das súas tres plantas.

Os técnicos, capitaneados polo director do proxecto, Bruno Dapena, recoñeceron no encontro que a empresa “falou con todos os propietarios dos terreos afectados na zona da fábrica”, mais, engadiron, nin ofreceu nada polos terreos nin o vai facer até que a Xunta de Galicia aprobe a declaración de impacto ambiental e o Goberno do Estado consiga os 250 millóns de fondos europeos, que Altri esixe para levar adiante este proxecto.