- Así titularía Almodóvar o acontecido este sábado no Sar, e é que, ao bordo dun ataque de nervios, e no día dos seu 49 aniversario, o Obra, gañou. Á 3ªxornada, foi a vencida.
Entre a derrota contra o Barça liderado por un “tal “ Mirotic na 1ª xornada, onde, a pesar de perder, deixou moi boas sensacións e a desastrosa imaxe da 2ª en Zaragoza, onde non saíu absolutamente nada e caeu con estrépito, presentábase a incógnita de que Obradoiro iamos atopar.
Na devandita tesitura, Sar, volveu ruxir. Como nos seus mellores días, volveu demostrar o que é: o mellor 6º home do espectro ACB, o crack do apoio incondicional, en definitiva, a mellor afección relación calidade-seguidor. Nun partido enorme, dos que fan afección, non apto para cardíacos e tras 2 emocionantísimas e durísimas prórrogas, o outrora invicto Bilbao Basket, caía no Fontes do Sar, 98-96. Comezaba dominando o equipo biscaíño, 15-17 ao final do primeiro cuarto. Duro, efectivo e dominando a pintura. No segundo cuarto e cun Jaylon Brown espectacular, empezaron a soar as alarmas, 29-39, no minuto 19, rozando o final do primeiro período. Aí emerxeu a figura de Fletcher Magee, quen anotaba 3 triplos consecutivos, deixando a vantaxe de 10 puntos en 1,38-39. Para finalizar o 2ºcuarto ergo primeira parte e marchando a vestiarios cun 38-41. Salvábase unha situación complicada e iámonos ao segundo tempo coas espadas no alto e todo por decidir. Tras o intermedio comezaba o Obra intenso, acertado nos cambios e controlando, por fin, o rebote. A goma que levaba facendo e controlando os homes de negro, liderados desde o banco por *Álex Mumbrú, rompeu e o equipo santiagués era capaz de voltear o marcador, 57-52, minuto 27. Pero cando mellor pintaban as cousas, o último cuarto deparábanos un Obra errático, especialmente fallón no tiro exterior. Sendo tan só capaz de anotar 9 puntos. Bilbao aproveitouse diso e cun triplo in extremis de Kubolka, levaba o partido á súa primeira prórroga. O tempo extra comezaba cun Bilbao basket avasallador, parecía que ía ser un paseo triunfal co equipo visitante en modo apisoadora, pero 5 puntos seguidos do base local Calloway e o carrusel de erros finais, favoreceu ao Obra que conseguía forzar unha nova prórroga, 84-84. Esta segunda prórroga poñía a proba non só a fortaleza física senón tamén a mental dos dous conxuntos. De novo, Magee asumía o papel protagonista da xogada clave, con 90-89 vestiuse de heroe e cun rectificado con triplo e falta persoal anotaba un 3+1 letal, deixando o luminoso cun 94-89. Lonxe de renderse, o equipo biscaíño seguiu pelexando e tras un par de accións meritorias deixo o desenlace para a última xogada. Dous puntos arriba Obradoiro e balón para Bilbao basket. Os primeiros apostaron por defensa intensa, sen faltas e os segundos buscaron un tiro de 2 que forzase unha nova prórroga. O balón, por pouco, non entrou e o 98-96 do marcador converteuse en definitivo. Final do partido, éxtase en Sar e o Obradoirismo que dorme na zona tépeda da táboa.
Partidazo onde calquera dos 2 conxuntos puido gañar. Ambos os equipos loitaron con tal intensidade que deixan moi ás claras o que custa conseguir unha vitoria nesta liga. Quizais estamos #ante a tempada ACB máis igualada, se cabe, da historia. Agárdannos novas batallas e momentos duros, épicos e, por suposto, de baloncesto. E lembren, Sar, é o lugar idóneo para soñar, o Old Trafford do basket, o teatro dos soños.
ALEJANDRO LUÍS OTERO JAMARDO