Nesta cuarta xornada da Liga da División de Honra Xuvenil Masculino, Carballo recibía a visita do Balonmán Cisne, máximo favorito ao título e equipo planificado para gañar e acadar quedar entre os primeiros do Campionato de España.
O Laber Xiria non entrou con bo pé no encontro, moi precipitado no lanzamento, onde se atopaba coas intervencións do porteiro rival, e na saída a contra. O 5:1 defensivo que plantou o Laber, se ben complicaba a circulación de balón, deixaba moi solto ao pivote e aos xogadores desdobrados, polo que os locais tiveron que volver a un 6:0 máis repregado. Con ese sistema e coas boas intervencións na portería fixéronse un pouco máis fortes, e con velocidade nas contras o Xiria conseguiu preto do descanso minorar as distancias e irse cun 11 a 15.
Na segunda metade, o Laber Xiria saíu con máis confianza e aos 10 minutos xa se metera de cheo no encontro cun 17 a 18. A intensidade defensiva e a paciencia en ataque facía que o Cisne sufrira en defensa e despois dunha parte igualada e a falta duns minutos para o remate final, ambos equipos empataran a 24, aínda que finalmente o Cisne gañou 25 a 27.
Laber Xiria 25 (11): Diego Lema, Julio Ferreiro e Pedro Pena (porteiros) Iker Martínez, Alex Gómez 8, Mario Cancela 5, Dani Mallo 2, Franco Rial 3, Aaron Rodríguez, Diego Antelo 3, Toni Calvelo, Carlos Varela, Pablo Esmorís, Fer Mallo 4, Alex Puñal e Esteban Puñal.
Balonmán Cisne 27 (15): Anxo Fraga e José Cerqueiro (porteiros) , Juan Cuenca, Víctor Fernández 5, Sergio Alvarez 5, Mateo Arias 3, Jaime Leira 6, Javier Iglesias 2, Román Arboleya, Marco García, Andre de Moura 1, Daniel Virulegio, Diego López 5, Alex Rey.