19
- Choque emocionante onde os porteiros e as defensas serían os protagonistas e que non se decantou a favor dos locais ata os minutos finais.
Os de Adrián Dubra non foron capaces de manter unha renda positiva de dous goles de ventaxa no ecuador da segunda metade. Foi un encontro moi igualado e con poucos goles, foise ao descanso en táboas, ambos equipos conseguiran nove tantos, pero a falta de 10 minutos para o final o Seis do Nadal logrou darlle a volta ao marcador co apoio incondicional da súa enchufada afección. Co resultado final Sedona 23 – 21 Calvo Xiria, os de Carballo colleitan a primeira derrota da tempada. O Calvo Xiria que realizou un bo encontro, trata de crecer e mellorar a base de minutos e competición.